Iº Festival de Instalaciones Artísticas en el contexto urbano.

enBarcArte es ante todo Arte en la calle, en el contexto urbano de la ciudad de O Barco de Valdeorras.

Un proxecto artístico de natureza pública, aberto e de acceso libre desenvolvido nas súas rúas e prazas para reivindicar o espazo de todos como un lugar eomún, e tamén nos edificios privados que manifiestan e revelan a nosa historia e o noso patrimonio. A urbanidade, o respecto ao outro, ponse en práctica nestes espazos plenos e verdadeiramente democráticos, que xa dende os gregos -a ágora- era o sitio para o intercambio de ideas e produtos.

O espazo público adquire así unha nova perspectiva e un novo significado con 7 Instalacións de 3 artistas (Clotilde Lajusticia, Coquixo e Jorge Barredo) e 2 colectivos de artistas (CalaveraClon e Los Ratón).

Estas instalacións usan directamente o espazo público e danlle un valor específico o que o converte nunha parte destacada do traballo.

Son 7 propostas temporais que durante 3 semanas no mes de setembro de 2018, ocupan e reinventan algúns dos lugares onde se desenvolve a vida cotiá, axudándonos a repensar e redescubrir o contorno urbano para comezar a velo e a gozalo doutro xeito.

A intención é reforzar accións significativas, como achegar a arte aos cidadáns para facelo accesible e involucrar o espectador mediante a promoción de experiencias nun ámbito diferente do habitual. Ao final, a cultura é un proceso para resolver problemas e unha solución para formar unha sociedade e un futuro mellor.